Descripción
Calcetíns tecidos a man feitos con toda a delicadeza que tecían as nosas avoas. Punto liso combinando dúas cores, frase en caña bordada en cada unha deles: ” A imperfección”, “marca a diferencia”.
La merina de orixe española teñida artesanalmente.
A historia destes calcetíns parte da súa orixe, créanse nun lugar en concreto no sur de Ourense, situado na fronteira con Portugal, nos vales dos ríos Salas e Faramontaos. Detrás deles hai mans de muller labrega e gandeira que nos ensina a facelos.
Preséntanse en caixa de madeira, tapa deslizable.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.