Somos fartura. Somos de encher.
Somos de non ter medida. De afogar as penas en viño e comida.
Culpables!
Non sería cousa nosa negalo!
Somos dos que se non sobra, non sabemos se chegou. Abofé que somos.
Confesamos ter gula, da mala, da terrible, da peor…da que non é gula de alimento, é gula de contento.
Gula de agarimo, dese xeito tan noso de aloumiñar co que mellor se nos da; a comida.
Non é gula, é cofar sen tacto, é chegar a alma ao noso xeito. Porque a comida é pretexto; apetitoso pretexto, pero pretexto.
O que nos nace é sempre compartir, pasar un anaco, unha vida con aqueles que nos acompañan.
E por iso temos alimento, para agarimarnos ao noso xeito. E temos cocido, cocido con orella, con cachucha, con fouciño, con grelo.
Temos de todo e como todo non da suficiente acougo, temos bicas, e orellas, e flores, e filloas porque a comida, hai que asentala con doce 😉