ilustracion-flores-san-xoan-lumecu

Descubre a Maxia de San Xoán

Exclusiva colección inspirada nas flores e rituais da noite máis máxica do ano

A historia de San Xoán

Na noite máis curta do ano a maxia está máis que presente…

Un día no que as cacharelas, a auga e as herbas de San Xoán son protagonistas.

A tradición está moi vinculada á mitoloxía celta, especialmente no caso das cacharelas a ritos de fertilidade e a purificación.

Actualmente a tradición está máis dirixida a afastar as meigas, unha tradición que indica que é necesario saltar como mínimo nove veces a cacharela a partir da media noite.

 

 

As 7 herbas de San Xoán

Pola mañá, despois de afastar as meigas a través do lume purificador… chega a tradición das 7 herbas de San Xoán.

Aínda que a preparación temos que facela a tarde anterior, antes do luscofusco.

Son sete porque é un número máxico para os paganos e posteriormente tamén para a relixión cristiá. Son ademais herbas moi comúns en toda Galicia, aínda que nalgunhas zonas poden variar. As tradicionais poderíamos dicir que son as seguintes:

  • Herba de San Xoán (Hypericum perforatum).
  • Fiuncho.
  • Herba Luisa.
  • Xesta.
  • Fieito.
  • Malva.
  • Romeu.

Estas herbas temos que introducilas en auga (en teoría de 7 fontes distintas, pero actualmente xa se opta por auga do grifo da casa na maioría dos casos) e deixar ás herbas repousar ata a mañá do 24 para lavar a cara con esta auga, mirando ó sol e cantando unha cantiga que di: Auguiña bendita de San Xoán, límpame a cara de males e grans, dáme moita saúde, para que a vida moitos anos dure.”

imaxe-texto-san-xoan

Produtos

Exclusiva colección inspirada nas flores e rituais da noite máis máxica do ano

Proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia. Implantación e pulo da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesanal (CO300C 2023).

Shopping cart

0
image/svg+xml

No products in the cart.

Continue Shopping