Os personaxes de Lupa e a Moura sempre teñen un pouso negativo, vistas como faltas de empatía e cruentas.
Pero quen conta a historia? Era realmente así? Que podemos extraer realmente das lendas que delas sabemos?
Estamos antes unha muller con carácter propio da súa terra; desconfiada, porque o somos canto queremos. Lupa desconfiaba, como non podía ser doutro xeito; como non debía ser doutro xeito. Mais cando confiaba era sen remorsos, sen condicións,
entregándose ao que consideraba xusto e real.
O galego desconfía por natureza, experiencia e prudencia e é parte da nosa esencia. Queremos saber de quen ves sendo, que fas por aquí e laretar porque é o noso xeito de saber de ti. E sabemos para mal, e tamén para ben, que cando hai que arrimar para axudar sempre se fixo.
A pureza, a irreverencia, a independencia, a dureza de carácter… non sempre son comprendidas, pero era esencial na súa alma tan pura.
Lupa era irreverente, a Moura era irreverente, como non podía ser doutro xeito.