Bases legais do sorteo

Organización

“Lumecú” organiza o sorteo do Trivial de Entroido.

Participantes

Poderá participar calquera persoa residente en España que encha o formulario da páxina https://lumecu.gal/trivial-entroido/). Suxeito ás condicións de envío (Península e Baleares).

Como participar

É moi sinxelo, só hai que entrar na web https://lumecu.gal/trivial-entroido/ e cubrir o formulario de participación.

Prazo de validez do sorteo

O sorteo estará activo ata o 18 de febreiro ás 23:59 de 2024.

Data de publicación das persoas ganadoras

A persoa gañadora será seleccionada a través da ferramenta Sortea2 e anunciarase na conta de Instagram @lumecu_

Premio

1º Premio: 1 pulseira.
2º Premio: 1 pulseira.
3º Premio: 1 pulseira.

Entrega do premio

A entrega do premio realizarase a través de correo postal, unha vez seleccionada a persoa gañadora poñerémonos en contacto coa mesma para xestionar o envío.

Cláusulas específicas

Aceptación das bases.

A participación no sorteo supón a aceptación expresa do participante das bases do sorteo, así como do clausulado. O incumprimento de calquera destas bases por parte do participante, determinará a súa descalificación.

Protección de Datos

Os datos dos participantes trataranse conforme ás disposicións do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das personas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais. A indicación dos datos persoais do ganador terá carácter obrigatorio para a xestión do premio.

Funcionamento do concurso

Lumecú resérvase o dereito a modificar algunha cláusula ou condicións do sorteo, sempre e cando se deba a un funcionamento incorrecto do mesmo e que o obxectivo sexa correxilo. Facebook e Instagram non patrocinan, nin avalan, nin administran, nin están asociados de forma algunha con este sorteo.

Shopping cart

0
image/svg+xml

No products in the cart.

Continue Shopping