Bases legais do sorteo

Organización

Coa chegada do Entroido “Lumecú” organizamos sorteo de 3 premios.

Participantes

Poderá participar calquera persoa residente en España que encha o formulario, escolla un pecado na web (https://lumecu.gal/pecadoscapitais) e nos siga en redes.

Como participar

É moi sinxelo, só hai que entrar na web https://lumecu.gal/pecadoscapitais, escoller un pecado no formulario e seguirnos en redes.
A través de correo electrónico (info@lumecu.gal) ou de mensaxe privada de Instagram (@lumecu_)

Prazo de validez do sorteo

O sorteo estará activo ata o 6 de marzo de 2022.

Data de publicación das persoas ganadoras

A persoa ganadora será seleccionada a través da ferramenta Sortea2 e anunciarase na conta de Instagram @lumecu_

Premio

1º premio: 1 bastidor coa frase “entroido un sentimento”.
2º premio: 1 par de calcetíns.
3º premio: 1 par de calcetíns.

 

Entrega do premio

A entrega do premio realizarase a través de correo postal, unha vez seleccionada a persoa ganadora poñerémonos en contacto coa mesma para xestionar o envío.

Cláusulas específicas

Aceptación das bases

A participación no sorteo supón a aceptación expresa do participante das bases do sorteo, así como do clausulado.O incumprimento de calquera destas bases por parte do participante, determinará a súa descalificación.

Protección de Datos

Os datos dos participantes trataranse conforme ás disposicións do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das personas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais. A indicación dos datos persoais do ganador terá carácter obrigatorio para a xestión do premio.

Funcionamento do concurso

Lumecú resérvase o dereito a modificar algunha cláusula ou condicións do sorteo, sempre e cando se deba a un funcionamento incorrecto do mesmo e que o obxectivo sexa correxilo. Facebook e Instagram non patrocinan, nin avalan, nin administran, nin están asociados de forma algunha con este sorteo.

 

Shopping cart

0
image/svg+xml

No products in the cart.

Continue Shopping