Bases legais do concurso

  • Organización

“Lumecú” organiza o concurso de San Xoán da camiseta “Unha noite de San Xoán”.

  • Participantes

Poderá participar calquera persoa residente en España. Suxeito ás condicións de envío (Península e Baleares).

  • Como participar?

Cubrindo o formulario de participación do concurso, con todos os datos e a imaxe.

  • Prazo de validez do concurso

O concurso estará activo ata o 25 de xuño de 2025 ás 23:59 horas.

  • Ganador

A fotografía ganadora será aquela que consiga máis votos.

  • Premio

Camiseta “Unha noite de San Xoán”.

  • Entrega do premio

A entrega do premio realizarase a través de correo postal, unha vez finalice o concurso, poñerémonos en contacto coa persoa ganadora a través do e-mail indicado no formulario de participación para xestionar o envío.

  • Cesión de imaxes e información

As fotografías dos participantes poderán ser empregadas por Lumecú nas súas redes sociais.

Os datos dos participantes poderán ser empregados para futuras comunicacións de Lumecú a través de correo electrónico.

  • Cláusulas específicas

Aceptación das bases

A participación no concurso supón a aceptación expresa do participante das bases do sorteo, así como do clausulado. O incumprimento de calquera destas bases por parte do participante, determinará a súa descalificación.

Protección de Datos

Os datos dos participantes trataranse conforme ás disposicións do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das personas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais. A indicación dos datos persoais do ganador terá carácter obrigatorio para a xestión do premio.

  • Funcionamento do concurso

Lumecú resérvase o dereito a modificar algunha cláusula ou condicións do concurso, sempre e cando se deba a un funcionamento incorrecto do mesmo e que o obxectivo sexa correxilo.

Shopping cart

0
image/svg+xml

No products in the cart.

Continue Shopping

Ferramentas de accesibilidade